martes, 23 de septiembre de 2014

GIMP: Escalar Imaxes

O escalado do tamaño das imaxe pode ser unha necesidade a hora de incrustar imaxes en Web, debido a que as calidades aptas para impresión (altas en píxeles de tamaño e en profundidade) poden resultar engorrosas cando queiramos amosalas na web debido ó seu peso. (Isto mirabamolo no post adicado a crear imaxes para imprimir con GIMP))

Cómo redimensionar Imaxes co GIMP:

José Sanchez neste caso amosanos como realizar a redimensión partindo do menú principal do programa, pero tamén poderia amosalo facendo click co botón dereito do rato enriba da imaxe usando os comandos >>imaxe>>escalar imaxe e usando o menú que entón se desplega.



Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial. 


Compre ter presente que a  técnica do escalado da imaxe é adecuada para reducir as imaxes, pero non para amplialas, xa que neste caso acaban producindose aberracións na fotografía que estemos a manipular.


O David's Bachelor Processor

O David's Bachelor Processor é un simple programiña feito coa interface do Gimp que permite que a usuaria poida realizar automáticamente tarefas (como redimensionamentos) nunha colección de arquivos de imaxe.
O David Bachelor Processor conta con unha interface gráfica onde a usuaria elixe a lista de imaxes e que ación realizar sobre elas.As imaxes poden ser cor corrixida, redimensiona, cortadas, e gardadas con unha extensión diferente.


Neste video mirase como se fai a descarga e instalación para Windows.




Para instalalo nun #Linux o sistema é moito mais cómodo e fácil. Solo hai que pegar esas ordes na consola.
Podes seguir as instruccións de Dave Duncan )
Páxina Oficial DBP (David's Batch Processor

O uso é suficientemente intuitivo unha vez que se sabe que está ahí. No video, Jose Sanchez amosanos como usalo en Windows (e en #linux faise igual)






Voltar ó Indice do Taller de GIMP.




Webgrafía:
Edición y retoque de imagenes con software libre. MOOC UMA.




Licencia Creative Commons GIMP, escalar imaxes,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Biblioteca GIMP en Diigo

Copywriting//Xestión de Redes Sociais//Creación Páxinas Web//Tendas en liña

No hay comentarios:

Publicar un comentario