miércoles, 25 de marzo de 2015

"Aprender GIMP a tropezones"

aprender gimp
Descargar ou leer en liña.

POR QUÉ APRENDER GIMP ÓS TROMPICÓNS?

Dividimos a pregunta en duas mais simples?

¿Por qué aprender GIMP?

GIMP é un marabilloso e potente software para edición de imaxes comparable a outros moitos moi coñecidos para adelgazar modelos ou agregar pantasmas reflexados nas xanelas, pero coa inigualable ventaxa de seren libre.

Libre siñifica que brinda á usuaria a catro liberdades:
  • A liberdade de usar o programa para calqueira propósito.
  • Liberdade de estudar como está feito e modificalo.
  • Liberdade para distribuir o programa.
  • Liberdade para distribuir as modificacións realizadas.

¿Por qué aprender GIMP a trompicóns?


Todas as autoras prometen que seus libros e tutoría será levada paso a paso e o coñecemento medrará suavemente dentro da lecto4ra, que atopaará a felicidade de ser guiada pola vía do saber coma quen percorre o delta do Río Tigre nun catamarán.
Bueno, logo de escribir bastante sobre GIMP descubrín que todo isto empeza a vellentar porque saiu unha versión nova e hai algunhas diferencias que convirten en obsoletas algunhas explicacións.
Polo tanto decidín, de unha vez por todas, o4rdear todo ese material para quen teña gañas de aprender a usar GIMP ou de usar estas guías coas súas alumnas na escola.
E prometo continuar traballando neste material renovandoo de acordo a cada nova versión.
Hoxe achegovos estas publicacións do meu blogue, coa intención de facilitar a moita xente os primeiros pasos no uso desta marabillosa ferramenta, e de brinda ás docentes guías de traballo para imprimir e levar ás aulas.
Espero que vos resulte útil.

Iris Fernandez. Autora.

Leer/Descargar Aprender Gimp a trompicons

jueves, 16 de octubre de 2014

GIMP: Modos de Cor

No GIMP podese traballr en distintos modos de cor: RGB (Red, Green, Blue - Encarnado, verde, azul), escala de grises (256 tonos de gris) e indexado (máximo 256 cores).
Un pixel non pode ter mais que unha cor, polo que cando decimos que unha imaxe é de 256 cores indicase que un píxel pode ter unha  desas 256 cores. Para que unha imaxe teña mais cores tense que traballar en modo RGB, onde un píxel pode ser a combinación de unha das 256 niveis de vermello, azul ou verde, e neste caso unha imaxe RGB pode amosar varios millóns de cores.
Polo xeral, GIMP traballa neste modo porque adaptase moi ben ós monitores.



martes, 7 de octubre de 2014

GIMP: Ferramentas de Selección

Unha selección é unha contorma pechada coa que podemos realizar xestos (accións) como movela, copiala,etc
Cando se seleciona algo aparece a selección rodeada por unha liña discontinua.



Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial. 


A ferramenta variña máxica selecciona pixeles similares. É unha das miñas ferramentas favoritas...




Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial. 



Coa ferramenta color frontal nos permite seleccionar formas continuas.
Para realizar a mesma función tamén se pode escoller coa "variña máxica" dandolle a amplitude adecuada, ainda que non é tan doado transformar a selección en camiños. (non é tan cómodo)



Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial. 


Coa ferramenta lazo podemos facer seleccións de outras figuras que non poden ser delimitadas por cores, por exemplo. É unha ferramenta moi potente que nos pode permitir (por exemplo) recortar imaxes de unha foto e poñela en outra. 




Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial. 


Outra maneira de seleccionar obxectos é usar a máscara rápida. Debese ter en conta que algunhas de estas ferramentas teñen a súa utilidade cando se fan selección inversas. (seleccionar un anaquiño para deixalo deseleccionado,,,)

 


Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial.


Webgrafía:

Creación y retoque de imágenes con Software Libre. 
Cap 5: Máscaras y Selecciones.

x

lunes, 6 de octubre de 2014

GIMP: Ferramenta capas

O dialogo "Capas" de GIMP ofrece a intefaz principal para editar, modificar e xestionar capas. Poemos imaxinar que as capas son unha especie de pila de diapositivas, ou ben roupa sobre o propio corpo.
Usando as "capas", podemos construir unha imaxe con varias partes conceptuais, cada unha de elas podese manipular sin que afecte  ás outras partes da imaxe.
As capas apilanse unhas sobre outras. A capa inferior da imaxe é o fondo, e os compoñentes do primeiro plano da imaxe van sobre elas.
Activar o diálogo capas en GIMP:
Dende o menú de imaxe: Xanelas >>Xanelas ancorables>>Capas.
Dene o menú de pestana de calqueira diálogo empotrado, pulsando sobre e seleccionando >>pestana>>capas.
Dende o atallo do teclado (Ctrl + L)

Nos videos do MOOC da UPM  José Sánchez Rodríguez amosanos como facelo



Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial. 


... e a segunda parte do tema capas...



Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial.


Voltar ó Indice do Taller de GIMP.


Licencia Creative Commons GIMP, ferramenta  capas, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Biblioteca GIMP en Diigo


Copywriting//Xestión de Redes Sociais//Creación Páxinas Web//LOPD

martes, 30 de septiembre de 2014

GIMP:Trocar JPG en PNG con transparencia

Contaba nunha entrada da bitácora do taller libre, que non me debanara moito os sesos para crear o primerio deseño do interior do folleto de presentación, xa que incluin unha boa cantidade de imaxes e debín crealas caseque todas coa trasnparencia que non tiñan. Para elo foi necesario trocar o formato do arquivo de darlle transparencia.
Explicovos como fixen.
(PS:) Se alguén sabe de unha maneira de automatizar isto para varias imaxes á vez, por favor que o comente.

Inkscape, software livre, FLOSS
Imaxinemos pois calqueira imaxe que non ten transparencia. Por exemplo, un señor cunha barra de pan. Abrimos a imaxe no GIMP e realizamos as seguintes operacións:
1.- Coa ferramenta de clonar (tampón) eliminamos as pates sobrantes da imaxe,
2.- Seleccionamos todo o ceo coa variña máxica. Xoga co limiar ata que nos cubra toda a pantalla.
Temos que ter en conta que o que temos seleccionado é o azul.
Imos a >>selección>>Inverter (ou ben pulsamos a Tecla Control + I)
Copiamos entón a selección no portapapeis. >>Editar>>Copiar (Ou ben pulsamos Ctrl + c )

Gimp, softwar libre, manipulacion de imaxes

Creamos un ficheiro novo dende o portapapeis.  >>Ficheiro>>Crear>>Dende o portapapeis.

Xa temos a imaxe con transparencia. Agora xa podemos usala nun programa de gráficos vectoriais como o Inkscape como si fora unha calcomanía.

Gimp, software libre, trasnparencia.
Imaxe Dominio Público. (Pixabay)




Voltar ó Indice do Taller de GIMP.



Licencia Creative Commons Trocar JPG en PNG con transparencia,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Biblioteca GIMP en Diigo

Copywriting//Xestión de Redes Sociais//Creación Páxinas Web//LOPD
 

martes, 23 de septiembre de 2014

GIMP: Escalar Imaxes

O escalado do tamaño das imaxe pode ser unha necesidade a hora de incrustar imaxes en Web, debido a que as calidades aptas para impresión (altas en píxeles de tamaño e en profundidade) poden resultar engorrosas cando queiramos amosalas na web debido ó seu peso. (Isto mirabamolo no post adicado a crear imaxes para imprimir con GIMP))

Cómo redimensionar Imaxes co GIMP:

José Sanchez neste caso amosanos como realizar a redimensión partindo do menú principal do programa, pero tamén poderia amosalo facendo click co botón dereito do rato enriba da imaxe usando os comandos >>imaxe>>escalar imaxe e usando o menú que entón se desplega.



Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial. 


Compre ter presente que a  técnica do escalado da imaxe é adecuada para reducir as imaxes, pero non para amplialas, xa que neste caso acaban producindose aberracións na fotografía que estemos a manipular.

sábado, 20 de septiembre de 2014

GIMP: Crear imaxes para imprimir

A calidade de definición das imaxes midese por puntos ou píxeles por pulgada, e en función do formato onde vaiamos a utilizar a imaxe esta deberá ter unha definición mínima determiñada.
Unh bo truco para lembrar cal debe ser a definición de unha imaxe que queremos imprimir, sería que o ficheiro fora do tamaño no cal queremos imprimir e a unha resolución mínima de 150 puntos por pulgada.
Se a imaxe é para mirar de lonxe (imaxes de tamaños grandes) podese reducir ata 72ppp con bos resultados; si pola contra é para mirar de perto (como unha carátula de cd p. ex) debemos subir ata 300 dpi.
A partires dos 300 puntos por pulgada o ollo non habituado non atopa moita diferencia.

Neste video do MOOC de Edición de Imaxes con Software Livre da UPM aprendemos a trocar a resolución de unha imaxe con Gimp en Windows.



Videos da U.M.A Realizados por:
○ José Sánchez Rodríguez (Universidad de Málaga) josesanchez@uma.es
○ Julio Ruiz Palmero (Universidad de Málaga) julioruiz@uma.es
Licenza Recoñecemento, Non comercial.



Voltar ó Indice do Taller de GIMP.



Licencia Creative Commons GImp, crear imaxes para imprimir,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Biblioteca GIMP en Diigo

Copywriting//Xestión de Redes Sociais//Creación Páxinas Web//Tendas en liña