sábado, 20 de septiembre de 2014

GIMP: Captura de pantalla

En ocasións desexaremos usar anacos de pantalla para incluir dentro de algún documento, ben porque estemos preparando un tutorial ou porque queremos amosar algo concreto da forma na cal mirase na pantalla do noso dispositivo.

Si o que desexas é facer unha captura de pantalla completa  e non a vas a manipular de ningunha maneira, non  é necesario que abras o programa. A tecla ImprPant/PetSys copia a pantalla completa, e si o tempo mantés pulsada a tecla Alt esquerda, capturas somente a xanela activa.

As posibilidades que nos da o Gimp no seu menú de captura (Gimp>>Ficheiro>>Crear>>Captura de Pantalla) é a de pantalla completa, xanela e area determiñada.
A opción de retrasar uns cantos segundos a captura é para que nos poida dar tempo a cambiar de aplicación, desplegar un menú ou activar unha xanela concreta.

Captura pantalla GIMP
Menú GIMP captura de Pantalla en Ubuntu
 Neste video, José Sánchez Rodriguez, da Universidade de Málaga nos explica dentro do MOOC Manipulación de Imaxes con Software libre cómo se realiza esta operación en Windows.



Usa a zoa de comentarios se desexas aclarar ou preguntar algúnha cousa ou facer algunha suxerencia.

Voltar ó Indice do Taller de GIMP.

Licencia Creative Commons  

Gimp, captura de pantalla,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Biblioteca GIMP en Diigo

Copywriting//Xestión de Redes Sociais//Creación Páxinas Web//Tendas en liña

No hay comentarios:

Publicar un comentario